viernes, 19 de abril de 2013

SISTEMA NERVIOSO PERIFÉRICO

O sistema nervioso periférico (SNP) é o apartado do sistema nervioso formado por nervios e neuronas que residen ou esténdense fóra do sistema nervioso central (SNC),cara aos membros e órganos.A función principal do SNP é conectar o sistema nervioso central (SNC) aos membros e órganos.A diferenza entre este e o SNC está en que o sistema nervioso periférico non está protexido por ósos ou pola barreira hematoencefálica (A barreira impide que moitas substancias tóxicas a atravesen, ao tempo que permite a pasaxe de nutrientes e osíxeno).
O sistema nervioso periférico é, así, o que coordina, regula e integra os nosos órganos internos, por medio de respostas involuntarias.

O sistema nervioso periférico está formado por: sistema nervioso somático e o sistema nervioso autónomo.


SISTEMA NERVIOSO SOMÁTICO: 
Está formado por nervios espinais e nervios craniais:
Nervios espinais: son os que envían información sensorial (tacto,dolor) do tronco  e as extremidades cara ao sistema nervioso central a través da medula espiñal.Tamén envían información dá posición e ou estado dá musculatura e ás articulacións do tronco e ás extremidades a travésmedula espiñal.Son un total de 31 pares de nervios,cada un con dúas partes ou raíces: unha sensitiva e outra motora.

Nervios craniais: que envían información sensorial procedente do pescozo e a cabeza cara ao sistema nervioso central.Reciben ordes motoras para o control da musculatura esquelética do pescozo e a cabeza; e son 12 pares de nervios craniais.

 SISTEMA NERVIOSO AUTÓNOMO:
Regula todas as funcións corporais, controla a musculatura lisa(como os músculos das costas), a cardíaca, as vísceras e as glándulas por orde do sistema nervioso central.

No hay comentarios:

Publicar un comentario