lunes, 20 de mayo de 2013

exercicios

1-Cal de as partes do encéfalo fan estas funcións:
    O sono:
    O equilibrio:
    Os movementos peristálticos:
    Activar ou inhibir a produción de hormonas:
    O espirro:
    O impo: 
    A sede: 
    A fame:
    Coordina movementos voluntarios:
    O latexo cardíaco: 
    
  2- Cales son as funcións que fai o bulbo raquídeo?

  3- cales son as partes da neurona?
  
 4-Que son as telondendritas?

domingo, 12 de mayo de 2013

FUNCIÓNS DAS PARTES DO ENCÉFALO.

Hipotálamo:Actúa sobre a hipófise( é unha pequena glándula situada na base do cerebro) activa ou inhibe a produción de hormonas.
Cerebro: É responsable do pensamento, da memoria, da linguaxe,e de moitas funcións vitais como o movemento corporal,o sono, a fame, a sede...
Cerebelo: Coordina movementos voluntarios como andar,e mantén o equilibrio do corpo.
Bulbo raquídeo:Controla funcións involuntarias do organismo, como o latexo cardíaco, o espirro , o impo, o vómito e os movementos peristálticos (son as contraccións dos músculos do intestino delgado   para desprazar o alimento ao longo do aparato dixestivo)
Tálamo: Moitas funcións diferentes están relacionados con varias rexións do tálamo. Este é o caso de moitos dos sistemas sensoriais (agás polo sistema olfactivo), como a auditiva, visceral, gustativa e sistemas visuais.